24 de septiembre de 2011

O DÍA EN QUE NOTEI QUE OS TEUS BEIZOS SABÍAN A SAL

Moito chorei aquel día, sen atreverme sequera a preguntarche que era o que che facía sufrir. Doíanme as pálpebras ao verte chegar, sorrir  e acoller outra vez un bico salgado.
Non sei canto tempo agardei para marchar. Un tempo no que sentía a túa ausencia mesmo téndote entre os meus brazos, a túa dor.  E por riba de todo estaba a miña covardía. Nunca mo perdoarei, nen sequera agora; sabendo cal era a causa da túa agonía sen fin, longa e duradeira. Imposible de curar para min.

Sempre túa, nalgún recuncho perdido, lembrando e lembrándote.
Unha aperta doce, ben doce.

Alguén que che quixo demasiado para verte sufrir.